Thursday 18 de April de 2024

As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de marzo


Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de marzo que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

Este mes organizaranse reunión do grupo EDUCO, simuladores de PS4, feira de orientación académica, curso iniciación a folla de cálculo, obradoiro de cociña, torneo de dardos 501, obradoiro de lettering… ademais de continuar co programa radiofónico Mociradio. Para obter máis información ou inscribirse é posible nas casas da mocidade (Santa Cruz e As Pedras), chamar ao 981 614 083, ou enviar un correo a pix.portaberta@gmail.com ou pix.aspedras@gmail.com.